con:

Te proponemos

Doppelgänger - Berrobambán (del 15-02-2019 al 17-02-2019)

Carreña de Cabrales

DOPPELGÄNGER: En alemán, “o dobre que camiña”. Ao meu lado sinto alguén que non son eu, pero que se me parece como unha sombra ou un reflexo. Mírame, xúlgame, quéreme, ódiame. Vivimos no mesmo país, pero temos ideas opostas. É o meu rival, o meu inimigo. Eu son o seu rival, o seu inimigo. Está no outro bando. Estou no outro bando. Quero destruílo e ao mesmo tempo necesítoo. É el ou eu. Ámbolos dous ou ningún. É a guerra. A Guerra Civil. É a miña conciencia. É a miña memoria. É o meu esquecemento. É a posibilidade ou non de vivir en paz comigo mesmo.

Esta peza é unha coprodución entre as compañías Berrobambán de Galicia e Arca de N.O.E de Colombia co Centro Dramático Galego resultado dun proceso colaborativo estruturado en dúas fases.

A primeira etapa de investigación e selección de materiais textuais e visuais desenvolveuse nos meses de agosto e setembro en Medellín e rematou cunha primeira presentación pública.

O segundo ciclo de ensaios terá lugar en Galicia entre decembro e xaneiro. Nel introduciremos as conclusións da observación desta primeira fase e culminará na estrea definitiva do espectáculo.


Ficha artística:

Juan Diego Alzate, Jose Ricardo Alzate y Paula Carballeira. Texto: P. Carballeira. Dirección: Chiqui Pereira. Ay. de dirección: Nuria Sanz. Asesoría coregráfica: Olga Cameselle. Música: Merender Swing y J.D. Alzate. Iluminación: Miriam Rodríguez. Diseño vestuario: José Campanari. Realización vestuario: Cloti Vaello. Espacio escénico: Paulina Restrepo. Realización espacio: Allmad estudio. Producción: Ch. Pereira y J.R. Alzate. Ay. Producción: María Rosendo. Diseño gráfico: Nadina Gráfica.


Compañía:

Desde o ano 2000 producimos un total de once espectáculos teatrais para público familiar, entre os que podemos destacar «Boas Noites, «Bicharada», «O Refugallo» ou «Xurdefet» que tiveron un notable éxito de público, converténdonos nunha das compañías galegas con maior número de espectador@s.

Participamos en programacións de Galicia, España, Portugal, Corea e Canadá e, polo medio, organizamos o Asteroide B-612, a primeira programación familiar estable en Galicia e o Circo-lar, unha programación familiar para a Consellería de Cultura. O CDG encargounos «A Cabana de Baibaiga», a adaptación dun conto ruso con moita, moita música. Tamén realizamos espectáculos de animación á lectura que nos levaron por moitas bibliotecas e centros educativos.


o

Alojamientos cerca de



Búsqueda personalizada
Lo sentimos, no hemos encontrado nada cerca de .

Pruebe con la búsqueda avanzada